Re: [escepticos] Darwin no Castelo (celebración del Día de Darwin)

Jorge Frias jorgejfrias en gmail.com
Vie Feb 1 00:15:52 WET 2008


No menterao de ná, pero tiene questar de puta madre!!!!

2008/2/1, jmbello <jmbello en mundo-r.com>:
> (Tranquis, que después lo traduzco) ;-)
>
> Darwin no Castelo
>
> Tertulia aberta no Castelo de San Antón, o venres
> oito de febreiro, ás sete e media do serán.
>
>
> No partido da historia, o Castelo de San Antón sempre xogou na
> defensa. Na súa cativa illa, no medio do mar pequeno da badía da
> Coruña, dende o seu nacemento tivo a misión de defender a cidade dos
> ataques por mar.
>
> En solitario, o castelo de pouco vale. Boa proba foi o asalto de
> Drake, quen evitou os disparos dos canóns bordeando a ría pola outra
> banda, fora do alcance da artillería, ata chegar salvo ó areal de Oza.
>
> Pero máis tarde, cando se edificou o castelo de Santa Cruz e
> ambolosdous cruzaron os seus tiros combinados, a badía fíxose
> inexpugnable.
>
> Hoxe, malia a que os vellos canóns de San Antón só disparen
> pensamentos e lembranzas doutros tempos, o castelo, convertido en
> museo, sigue na guerra. Nunha guerra de pensamento, de lembranzas e,
> neste caso, doutros tempos.
>
> Porque propias doutros tempos son as sinrazóns do organizado ataque
> dos rancios fundamentalismos á teoría da evolución, ó arbre crecido da
> semente que plantou Darwin hai cáseque douscentos anos. Tan vella é
> esta guerra.
>
> E nela estamos, como sempre estivo o castelo, non á defensiva, pero sí
> na defensa. Hoxe toca defender a Darwin nesta guerra de tempos
> caducos, e defendémolo cruzando tiros con outros colegas, disparando
> entre todos, desde os vellos canóns, lembranzas, pensamentos e razóns.
>
> Será o venres día 8, ás sete e media do serán. No Castelo de San
> Antón, atendendo á chamada do Darwin Day. Adiantamos un chisco a
> celebración: pensamos que o venres 8 é millor momento para case todos
> que o martes 12 de febreiro, data na que se cumpren 199 anos do
> nacemento de Darwin e 149 da publicación de A Orixe das Especies.
>
> Celebrámolo cunha tertulia aberta, sen grandes formalismos, na que
> todos, os invitados específicos e os invitados xenéricos, que son
> todos vostedes, falemos abertamente, na confianza e na amizade, de
> Darwin, das dificultades da entrada das súas ideas en Galicia, do
> desenvolvemento do coñecemento sobre a evolución dende entón ata a
> actual teoría sintética.
>
> Tamén das pegadas dos antigos seres vivos, pequenos coma as diatomeas
> ou grandes coma os osos das cavernas, que houbo hai milleiros ou
> millóns de anos en Galicia; e da aparición dos homínidos, e das
> transformacións destes ata chegar a nós mesmos.
>
> Falaremos da importancia que todo iso tivo e ten para a comprensión
> lúcida da humanidade no universo; pero tamén dos que se opoñen a eses
> coñecementos dende a irracionalidade; do Intelixente Engano que nos
> venden como Deseño Intelixente; do movemento de fundamentalistas
> organizados que responde ó nome de creacionismo. E da necesidade
> urxente de difundir a teoría da evolución entre a poboación.
>
> Nesa tertulia aberta, á que invitamos ó lector, contaremos coa
> presencia de expertos relevantes nas materias sobre as que imos falar.
> Salvo imprevistos, estarán connosco, por orde alfabética de apelidos:
>
> - Roberto Bao, Profesor Titular de Paleobioloxía da Universidade da
> Coruña
>
> - Ernesto Carmena, biólogo, autor de "El creacionismo ¡vaya timo!",
> publicado por Ed. Laetoli
>
> - Xosé A. Fraga, doctor en Bioloxía e historiador da ciencia,
> especialista na recepción do darwinismo en Galicia no século XIX
>
> - Aurora Grandal, Profesora Titular de Historia da Terra e
> Paleontoloxía da Universidade da Coruña e Secretaria do Instituto
> Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal
>
> - Equipo de "Do the evolution", programa universitario de radio
> pioneiro na divulgación da evolución e a bioloxía en xeral
>
> E vostedes, claro, que son os importantes e os que darán sentido a
> este acto de defensa e, sobre todo, de afirmación.
>
> No Castelo de San Antón, o venres oito de febreiro, ás sete e media do
> serán. Vémonos alí.
>
> ------------
>
> Saludos
> JM
>
>
>
> _______________________________________________
> Escepticos mailing list
> Escepticos en dis.ulpgc.es
> http://correo.dis.ulpgc.es/mailman/listinfo/escepticos
>
>


Más información sobre la lista de distribución Escepticos